|
|
BONO 3 DÍAS: - 25 euros ata o 10 de Setembro. - 30 euros anticipada ata o 16 de setembro. - 35 euros billeteira.
ENTRADA VENRES 17: - 18 euros anticipada ata o 16 de setembro. - 23 euros billeteira.
ENTRADA SÁBADO 18: - 18 euros anticipada ata o 16 de setembro. - 23 euros billeteira.
ENTRADA DOMINGO 19: - 5 euros billeteira
25% DE DESCONTO NAS ENTRADAS ANTICIPADAS CON TARXETA NETCLUB DE CAIXA GALICIA
Puntos de venda directos:
- Allariz: A Micalla, Roi Xordo, Baiuca e orballo
- Xinzo de Limia: Micaliñas e Feito
- Ourense: Auriense
- Vigo: Tenda Tipo
- Pontevedra: Tenda Tipo
- A Coruña: Discos Noni´s (+ 1 euro gastos de xestion)
- Boiro: C.S. Aturuxo
Santiago: A Reixa Internet: www.codetickets.com (+ 1,50 gastos de xestión) www.caixagalicia.es (+ 1,50 gastos de xestión) www.ticketmaster.es (+ 2,70 gastos de xestión mais ou menos según prezo)
Teléfono: Caixa Galicia TELÉFONO: 902 43 44 43
|
O bono é válido para os 3 dias de festival, dache dereito a acceder,a partir das 22:00 horas do día 17, 18 e dende as 18:00h do 19 de Setembro
As entradas de 1 día danche dereito a acceder,a partir das 22:00 horas do día o que pertenza a entrada.
Tanto os Bonos coma as Entradas de 1 día deberán ser canxeadas pola pulseira correspondente na entrada do recinto de Vilanova
A saida do Complexo de Vilanova antes da 1:00h de cada día conleva a perda do dereito a entrada ata esta hora. É decir si se sae antes da 1:00h, para voltar a entrar deberá aboarse o prezo integro da entrada dun día a prezo de venda na billeteira (23 euros). A entrada se permitirá de novo ó público con pulseira a partir da 1:00h.
As entradas de un día están suxeitas a disponibilidade segundo a venda de bonos.
A organización non garante a autenticidade da entrada se non foi adquirida nos pontos de venda oficiais. Non está permitida a revenda desta entrada. Toda entrada emendada, rota, suspeitosa de falsación ou adquirida , autorizará á organización a privar do acceso ao portador da mesma. A téncia e/ou uso da entrada do festival entraña a aceitación das Condicións xerais.
A TÉNENCIA E/OU O USO DA ENTRADA OU CONVIDACIÓN PARA A FESTICULTURA REPERKUSION'09 CONLEVA A ACEITACIÓN EXPRESA DAS SEGUINTES CONDICIÓNS:
* A organización non garante a autenticidade da entrada se non foi adquirida nos pontos de venda oficiais. Non está permitida a revenda desta entrada. Toda entrada emendada, rota, suspeitosa de falsación ou adquirida autorizará ao Organizador a privar do acceso ao portador da mesma.
* O Organizador reserva-se o direito a alterar o programa sen prévio aviso.
* Unha vez adquirida a entrada non será mudada nen devolto o seu importe, excepto en caso de cancelación do evento. A devolución, en caso de cancelación, poderase efectuar polo Organizador dentro do prazo de quince dias desde a data da comunicación pública da cancelación, sendo imprescindibel a apresentación desta entrada, en caso de suspensión total do festival esta entrada será valida para a edición do próximo ano. Se a suspensión se realiza unha vez transcorrida mais da metade do espectáculo, non haberá lugar a devolución algunha. As malas condicións climatolóxicas non dan dereito a devolución do importe da entrada.
* Esta entrada constitue unha licenza ao portador para asistir el mesmo e é revocabel en calquer momento polo Organizador, mediante o ofrecimento da devolución da cantidade total que figura no anverso. A saída do recinto implica a perda do dereito de entrar novamente, salvo naqueles eventos nos que o Organizador dispoña o contrário. É potestade do Organizador permitir a entrada unha vez comezado o evento.
* Reservase o direito de admisión, condicionando ó feito de dispor desta entrada completa e en boas condicións e de que o portador asuma e se obrigue a respetar as normas da Organización e do recinto, asi como calquera condición exixibel por motivos de seguranza xeral. O portador autoriza ó Organizador a efectuar, dacordo cá Lei, as revisions ou rexistros da sua persoa e téncias para verificar que se cumplen as condicións de seguranza.
* Proíbese a entrada a menores de 18 anos nas actividades e espazos de noite, e nos espazos e actividades de día, os menores deberán estar acompañados dun adulto responasable.
* O Organizador do evento poderá denegar o acceso ou expulsar do recinto ao portador en caso de contravimento das indicacións do persoal da Organización, asi como en caso de que poda raciónalmente presumirse que se vai criar unha situación de risco ou perigo para o própio portador ou outros asistentes, de alborotar ou por estados de intoxicación aparente ou potencial, sen direito de devolución do importe da entrada, responsabilizandose persoalmente o portador en todos os casos polas suas próprias accións e omisións que causen lesións a terceiros ou danos as cousas.
* A posesión desta entrada non dá direito ó seu posuidor ou a terceiros a utilizar o mesmo, ou o seu contido, con fins publicitários, de marketing ou de promoción (incluídos concursos, regalos e/ou sorteos), asociada ó posuidor da entrada ou terceiro. O contravimento deste ponto obrigará ó anunciante e/ou usuário non autorizado a facer efectiva unha penalidade equivalente a mil veces o prezo da entrada mais cara do evento que figura no anverso, sen perxuicio de posteriores reclamacións por danos e perjuicios xerais. Asimismo ficará anulada a licenza incorporada á presente.
* Fica proibida calquer filmación, gravación ou reprodución no interior do recinto salvo autorización expresa do Organizador. A o efeito, proíbese a entrada de cámaras de fotos, vídeo e/ou aparellos de gravación de calquera tipo, asi como calquera obxecto que o Organizador considere perigoso no entorno do evento (pirotecnia, armas, botellas, obxectos de cristal, ponteiros láser, etc…).
* O Organizador do evento, en base á tipoloxia e/ou singularidade do mesmo, pode anular ou modificar calquer das anteriores condicións, en cuxo caso poráo en coñecemento do público asistente polos canais que considere adecuados.
* Nengunha responsabilidade ten o Organizador ante calquera actuación de terceiras persoas en relazón a furtos, roubos, danos, e demáis actuacións delictivas, que poideran ter lugar nas zonas públicas e nas zonas habilitadas como parking e/ou acampada.
|
|
|